A viaxe de Olaf / Martín León Barreto
por León Barreto, Martín
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | CEIP Plurilingüe de Prácticas Sala préstamo | 82-N LEO via | Dispoñible | Álbum ilustrado | CEC130000002539 |
|
A obra gañadora do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka, axústase a un esquema baseado nos contos tradicionais: rimas, xogo de contrarios, diálogo reiterativo, oralidade... Olaf fainos partícipes dunha aventura a través do día e da noite, sobre a amizade e a xenerosidade.
O peixe coa cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella... os seres fantásticos dun pequeno planeta seguen os pasos de Olaj. Ningún lle dixo que non.
O protagonista deste relato acumulativo de estrutura repetitiva e circular é unha sorte de Principiño que, farto da soidade, emprende un camiño iniciático. Diversos animais fantásticos -de inspiración mítica e valor simbólico- vanlle facendo compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto: o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante... “A viaxe de Olaf” destaca pola profusión de colorido e pola harmonía coa que Martín León Barreto combina gamas cromáticas. Son ilustracións de formas xeométricas dotadas de movemento e dinamismo, e integradas como pezas dun complexo crebacabezas faunístico.
4º-5º-6º Educación Infantil