Tarde en el acuario / Nono Granero
por Granero, Nono [autor/a]
; F. Agudo, Carmen [ilustrador/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| CEIP Plurilingüe de Prácticas Sala préstamo | 82-P GRA tar | Dispoñible | CEC130000001562 |
|
Finalista do Premio Internacional Ciudad de Orihuela 2017
As criaturas que habitan en océanos, mares e ríos protagonizan estes versos acuáticos, cheos de ritmo, humor e espírito lúdico. Os xogos de palabras plásmanse en adiviñas, acrósticos e outras divertidas fórmulas tomadas das vanguardias poéticas que involucran ao público para que afine a súa imaxinación neste gran desafío léxico e lírico que descorre por augas mansas e revoltas, doces e salgadas, superficiais e profundas...
Estes poemas permiten descubrir que os peixes soñan, teñen sentimentos e inquedanzas; derribar falsos mitos sobre especies de terrible fama; revelar curiosidades sobre a nomenclatura de habitantes mariños con parentes terrestres; ou reinventar historias como as de Jonás e Pinocho, asociadas á figura dunha balea.
Precisamente, contra a caza de cetáceos, a preocupante ameaza dos plásticos e a contaminación, "Tarde en el acuario", tamén presenta un enfoque ecolóxico e de sensibilización cara o coidado da biodiversidade.
1º-2º Primaria