Dúas bágoas por Máquina / Fina Casalderrey ; ilustracións de Víctor Rivas.
por Casalderrey, Fina (1951-)
; Rivas, Víctor (1965-)
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| CEIP Plurilingüe de Prácticas | 82-N CAS dua | Dispoñible | Lectores expertos | CEC130000001308 |
|
||
| CEIP Plurilingüe de Prácticas | 82-N CAS dua | Dispoñible | Lectores expertos | CEC130000001309 |
|
Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola pero non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea. O caso é que o can, que llo regalara seu pai nun aniversario, non era moi apreciado polo resto da familia, a avóa tíñalle unha especial animadversión e o propio pai, que quedara no paro, acabou por abandonalo nunha estrada.Ignorante durante moito tempo desta situación, Xusta segue devecendo polo seu can. Dende que llo regalaran, unicamente o seu avó (xa morto) e mais ela apreciaban o can. Unha vez que descobre o abandono do can polo seu pai, este, arrepentido, trata de recuperalo. Un bo día, cando Xusta ía pilla-lo autobús para o colexio, aparece Máquina correndo cara a ela. Como remate, o can salva á avoa de ser atropelada por un coche pero morre na súa valente acción. Pasado o tempo, Xusta farase veterinaria e, na súa consulta, encol da mesa ten sempre unha foto de Máquina. Ningún can, dos moitos que tivo, chegou a ocupa-lo sitio de Máquina no seu corazón.
5º-6º Primaria
Premio Merlín de Literatura infantil e xuvenil 1991