Carreiro, Pepe

As Irmandades da Fala : Nin provincialismo, nin rexionalismo, nin galeguismo: nacionalismo! / Pepe Carreiro - 1ª ed. - A Coruña :Baía Edicións ,2016 - 91 p. :il. cor ;17 cm

O autor somete esa información un filtro esencializador que retén o máis relevante do contexto, nacemento, evolución e conclusión deste movemento e nesa trasfega ao soporte narrativo e visual é onde o peso do humorístico cobra auténtica relevancia. Un tamiz, así pois, que tamén é crítico, irónico e que encerra grandes verdades xa explícitas no subtítulo do mesmo: “Nin provicialismo, nin rexionalismo, nin galeguismo: nacionalismo!”; un tamiz que fai que leamos esta achega cun sorriso na boca xa non só ao reparar nas expresivas ilustracións que acompañan cada pequeno capituliño, senón tamén cando pechamos o libro e nos decatamos do enorme servizo que Carreiro fai ao sintetizar, con axilidade e innegable atractivo, o que as Irmandades da Fala supuxeron para sermos quen somos, para chegarmos ao que somos.

1º-2º ESO 3º-4º ESO

9788499952048


Irmandades da Fala
Nacionalismos
Historia de Galicia


Galicia

82 N

Coa tecnoloxía Koha